martes, 2 de diciembre de 2014

Comeza a historia...

COMEZA A HISTORIA... Había unha vez dous nenos e dúas nenas, chamados Marc, Nacho, Cristina e Lucía. Un bo día, cando estaban paseando polo bosque, atoparon unha cova, e Marc fachendoso dixo que o resto non eran o suficiente valentes como para entrar na cova. E así comezou a súa aventura: Cando Marc dixo aquilo Cristina e Lucía picáronse un pouco(moito...), e decidiron entrar para demostrar que igual ou máis valientes ca él e Nacho con elas. Xa dentro atoparon algo que non olvidarían xamás, algo fantástico e incomprensible para eles...Alí atoparon un animal q non era deste planeta, era un monstruo de tres cabezas e seis patas longas con grandes e afiadas unllas, pero cando os viu votou a correr e eles coa intriga decidiron ir tras él... E así comezou a súa aventura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario