miércoles, 17 de diciembre de 2014

Aquí está a historia de galego...

OS CATRO E O MONSTRUO Era un caloroso día de verán, cando Cristina, Lucía, Nacho e Marc ían polo bosque dando un paseo cando atoparon unha cova e coma sempre Marc que era sempre o máis fachendoso dixo que o resto non eran o suficientemente valentes para entrar nela, e coma sempre Lucía e Cristina picáronse un pouco moito e Marc tamén. Así que decidiron entrar nela para demostrar que eran tan ou máis valentes ca el. Cando entraron, observaron unha luz que atraeulles. Tras un longo rato buscándoa, atopárona e descubriron unha criatura que nunca viran na súa vida. A criatura era doutro planeta, tiña unha especie de ás encartadas que eran xigantes e moi viscosas, tiña catro brazos moi grandes e seis pernas estreitas e moi largas. Pero o peor da criatura era o seu torso porque tiña a cabeza moi pequena e o corpo desmesuradamente grande. Os nenos aterrados polo inmenso tamaño da criatura votaron a correr e debido a iso a criatura deuse conta da súa presenza e votou a correr tras eles. Os nenos metéronse polo bosque, esquivando os diferentes obstáculos, atoparon un claro e decidiron meterse nel para así poder descansar e planear a súa fuxida. Tras un rato decidiron escapar polo carreiro para non perderse. Andaban polo carreiro cando de repente volveron a atopar a luz da criatura … A maioría non quería entrar pero Marc querendo saber que pasaba coa luz e fixo o mesmo de antes de que non eran o suficientemente valentes como para volver a ver o que pasaba e ao final picaron. Todos viron como a criatura íase nunha nave espacial. Todos fóronse a casa e nunca lembráronse da criatura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario